Asturias, Paraíso Natural, Tesouro Cultural, Patrimonio Industrial… Calquera destes slogans son válidos para describir nunha liña as riquezas que o Principado ofrece aos seus visitantes.
Ousa descubrir este paraíso connosco, poñémocho doado
Paraíso Natural
Natureza verde e salvaxe que esparexa toda a comunidade de Oriente ao Occidente, de Norte ao Sur. Asturias conta cunha rede de Espazos Naturais Protexidos que van desde o Parque Nacional dos Picos de Europa, Parques Naturais como os de Somiedo, Redes, Fontes do Narcea, Ponga, as Ubiñas e Macizo Central, as Reservas Naturais Intregrais como Muniel.los/Moelos, Reservas Naturais Parciais, como a Ría de Ribadeo, a Ría de Villaviciosa, Paisaxes Protexidas da Costa Oriental e Occidental, Monumentos Naturais, como os Bufóns de Pría, a Praia de Gulpiyuri, o Teixo de Bermiego, o Complexo Lacustre de Somiedo…
Fragas e pradeiras son abeiro dos osos pardos, que andan en liberdade por Somiedo, pitas do monte que se acubillan en Redes, rebezos, corzos, xabaríns, londras, salmóns, troitas, angulas, águias reais, voitres, alimoches, corvos mariños, gaivotas, mazaricos… Pero tamén praias, sendas costeiras, actividades en contacto coa natureza.
Un mundo natural que nos ofrece milleiros de rutas, milleiros de escenarios para intres de paz ou de acción, milleiros de paisaxes para disfrutar de intres únicos.
Tesouro Cultural
En Asturias as diferentes culturas deixaron para a posteridade os seus apelidos gravados na pedra, desde as culturas paleolíticas, prerromanas ou castrexas, romanas, alto e baixomedievais, ilustradas até hoxe en día. Os ídolos labrados na pedra, os debuxos reproducidos nas Covas de Candamo, El Pindal ou Tito Bustillo, os Castros do val do Navia, Coaña, Pendia, San L.luís, Mouguías. As calzadas, as pontes, as termas e vilas romanas, os monumentos do Prerrománico asturiano, declarado Patrimonio da Humanidade: Santa María do Naranco, San Miguel de Lliñu, Santullano, a Cámara Santa, Santa Cristiña de Lena, a Foncalada, ademais de San Salvador de Valdediós. O románico en Teberga, o gótico da Catedral de Uviéu ou da Casa da Rúa, os Pazos Barrocos brasonados da nobreza asturiana, a arquitectura indiana e o riquísimo patrimonio etnográfico.
Tradición
A tradición oral e cultural no seu folclore, as súas festas, a selecta e natural gastronomía, a artesanía das súas madroñas, navallas, cerámica…, o desenvolvemento, a actualidade que garda honores ao seu rico pasado. Pasado tamén industrial que aínda resiste e que garda tesouros que amosan os seus museos do Ferrocarril, da Minería (MUMI), da Siderurxia (MUSI) ou do Xurásico (MUJA). Poboados como o de Bustiello (Mieres) e Cidadelas como a de Capua (Xixón), que forman parte de interesantes itinerarios industriais se converten deste xeito nunha oferta cultural rica e variada.
Paraíso Natural, Tesouro Cultural, Patrimonio Industrial…, pero tamén: Premios Príncipe de Asturias, Fernando Alonso, Princesa Leticia, son nomes que din moito desta comunidade, aberta ao mundo e que tenta ser coñecida en todo o mundo.
Toda a información turística na web oficial do Principado: www.infoasturias.com